miércoles, 17 de noviembre de 2010

BATEAS

O  mexillón fresco da especie Mytilus galloprovincialis cultivado no sistema de batea.




É un molusco bivalvo cuxa cuncha se encontra formada por dúas valvas iguais de carbonato cálcico, cubertas por unha capa denominada periostraco. Como consecuencia da produtividade primaria das Rías Galegas, que xera unha gran riqueza de flora e fauna mariñas, a miúdo o periostraco presenta adherencias de especies como balanos, poliquetos, briozoos e algas.
No seu interior, obsérvase a vianda, normalmente de cor crema alaranxada, constituída por dous lóbulos carnosos, que posúen nos bordos unha sinuosa banda de cor violeta escura.
Para acceder ao mercado de consumo en fresco co amparo da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, o mexillón, de conformidade co establecido no Regulamento 853/2004, deberá pasar por un centro de depuración / expedición, e co obxecto de que a calidade e características que se deben aos factores do medio xeográfico de cultivo non se vexan alterados, o mexillón deberá obrigatoriamente ser depurado con auga de mar das das Rías Galegas das provincias da Coruña e Pontevedra.

As dimensións das bateas son:
largo:27metros.
ancho: 20metros.









No hay comentarios:

Publicar un comentario