viernes, 29 de octubre de 2010

exercico 14

A (IA) abarca as seguintes áreas:
  • Os sistemas expertos.
  • A demostración automática de teoremas.
  • O recoñecemento da voz de patróns.
  • O procesamento da linguaxe natural.
  • A visión artificial.
  • A robótica.
  • As redes neuronais.
Aplicacións e usos do recoñecemento automático da voz:
  1.  Ditado automático: O ditado automático é, no 2007, o uso máis común das tecnoloxías de recoñecemento de voz. Nalgúns casos, como no ditado de receitas médicas e diagnósticos ou o ditado de textos legais, úsanse corpus especiais para incrementar a precisión do sistema.  
  2. Control por comandos: Os sistemas de recoñecemento de fala deseñados para dar ordes a un computador (p. ex. "Abrir Firefox", "pechar ventá") chámanse Control por comandos. Estes sistemas recoñecen un vocabulario moi reducido, o que incrementa o seu rendemento. 
  3. Telefonía: Algúns sistemas PBX permiten aos usuarios executar comandos mediante o fala, en lugar de pulsar tons. En moitos casos pídese ao usuario que diga un número para navegar un menú. 
  4. Sistemas portátiles: Os sistemas portátiles de pequeno tamaño, como os reloxos ou os teléfonos móbiles, teñen unhas restricións moi concretas de tamaño e forma, así que o fala é unha solución natural para introducir datos nestes dispositivos.
  5. Sistemas deseñados para discapacitados: Os sistemas de recoñecemento de voz poden ser útiles para persoas con minusvalideces que lles impidan teclear con fluidez, así como para persoas con problemas auditivos, que poden usalos para obter texto escrito a partir de fala. Isto permitiría, por exemplo, que os afectados de xordeira puideran recibir chamadas telefónicas.


   As redes neuronais artificiais funcionan operando sobre a base de recoñecemento de patróns e que podense adquirir, almacenar e utilizar coñecemento experimental, obtendo a partir de exemplos, por axuste de parámetros das neuronas mediante un algoritmo de aprendizaxe.
Os sistemas expertos diferéncianse das redes neuronais en que acércanse máis o razoamento deductivo, mentres que as redes neuronais acércanse o razoamento inductivo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario